| 
View
 

Consideracións pedagóxicas

Page history last edited by moreiras 16 years, 7 months ago

O obxectivo último deste proxecto, Uso de recursos web 2.0 e cinematográficos para o desenvolvemento das competencias  básicas na ESO, é favorecer a consecución das competencias básicas a traverso do traballo coas novas tecnoloxías, e particularmente coas ferramentas web 2.0, artellando unha guía secuenciada con recursos (webquest) para elaborar un produto final que pode ser, a elixir: unha animación, unha reportaxe ou unha curta.

 

O Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia establece as ensinanzas mínimas e subliña que ten especial relevancia a definición das competencias básicas que deberán ser alcanzadas por todo o alumnado, competencias que comezaron a desenvolverse na etapa anterior e que serán completadas na ESO. Explícase neste decreto que “as competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos. O seu logro deberá capacitar ás alumnas e ós alumnos para a súa realización persoal, a incorporación satisfactoria á vida adulta e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

 

A consecución destas competencias será tanto máis sinxela canto máis recurramos a estratexias de aprendizaxe motivadoras, interactivas e colaborativas. Isto precisamente é o que nos aportan as ferramentas web 2.0, entendendo que este concepto alude á transformación das páxinas tradicionais da rede en aplicacións web orientadas aos usuarios.

 

Ao longo dos seguintes apartados expoño os principais rasgos que caracterizan á Educación hoxe, na denominada Sociedade da Información, sintetizando diferentes puntos de vista de analistas educativos respecto ao tema da Educación e as Novas Tecnoloxías:

 

  1. Xustificación do proxecto NETrezade
  2. Educación hoxe: do Construtivismo ás Competencias.
  3. A web 2.0 en Educación.
  4. Vendo o mundo nunha pantalla.
  5. NETrezade: un xeito alternativo de contar historias.

 

 

As reflexións que se atopan nos apartados anteriores esán sustentadas en artigos varios cuxo listado se pode ver na páxina Bibliografía e direccións de interese

 

 

Inicio

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.